sábado, 9 de julio de 2016

Os mortos daquel verán de hai oitenta anos

A RAG ven de escoller a Carlos Casares como autor das Letras 2017. Nos vindeiros días celebraremos tamén o oitenta aniversario do inicio da nosa última Guerra Civil. Son múltiples as novelas referidas á Galicia dos anos da II República e da Guerra. Hoxe, aproveitando a elección feita pola RAG (que apraza, de novo, o necesario recoñecemento á figura do profesor Carballo Calero, sit venia verbo) propomos unha nova lectura para o verán:

Partindo da aparición do cadáver do boticario Ernesto Vilariño Dacal, morto supostamente de xeito accidental ao comezo da Guerra Civil, ponse en marcha unha investigación xudicial... A busca da verdade, a crítica do dogmatismo e das diversas formas de violencia opresora son os piares desta novela de Carlos Casares.

Hai oitenta anos os feitos reais superaron abondo ás ficcións narrativas.

Ti sabes que todos os dias
hai un home morto na cuneta
que ninguén coñece ainda
Unha muller sobre o cadaver do seu home
Chora.
Chove.
¡Negra sombra, negra sombra!
                          (in Cunetas de Luís Pimentel)

jueves, 23 de junio de 2016

Un verán de cine

Gozamos da lectura, tamén gozamos do cine e máis agora cando os tempos de vacación son chegados

lunes, 6 de junio de 2016

Manuel María: poesía e ilustración

Os lectores máis novos de Manuel María debuxaron os seus poemas. Velaquí algunhas das ilustracións:










viernes, 3 de junio de 2016

De tales padriños, tales afillados

Cómpre garantir a substitución xeracional tamén na lectura por iso, cando o curso camiña cara ao seu final, os que hoxe estamos na ESO facemos canteira cos nosos veciños da Escola Infantil. Elas, eles serán os membros do club de lectura nun futuro máis o menos próximo porque pasarán as xeracións mais as lecturas non pasarán: elas foron, elas son, elas serán pois xa in principio erat verbum... e a palabra faise vida cando lemos. 








lunes, 30 de mayo de 2016

MOPU

Non é o que parece. Non somos funcionarios ou simpatizantes do antigo ministerio de obras públicas e urbanismo. O noso é a lectura en verso e con algo de subversión. E a nosa biblioteca un improvisado e clandestino obradoiro para preparar a cartelería do MOvemento Poético Urbano: ideoloxía lírica coa/da/dende/na/para/pola/sobre/trala... cidade. Somos a alternativa poética á caste!



lunes, 23 de mayo de 2016

As anfitrioas de Pedro Feijoo

Hoxe a nosa biblioteca recibiu a visita de Pedro Feijoo, as colaboradoras da biblioteca e do club de lectura Tareixa, Ana e Araceli fixeron de magníficas guías e mestras de cerimonias.

miércoles, 18 de mayo de 2016

Se Tui Le, o Pedra de Acordo tamén le

Pequena memoria gráfica da nosa participación do VII Tui Le




lunes, 9 de mayo de 2016

CJC en TUI

Na nosa xeografía urbana quedan pegadas de cando polas nosas rúas, prazas e comercios andaba un neno que se chamaba Camilo José Cela, hoxe sería un ancián centenario.

lunes, 25 de abril de 2016

O noso Cervantes

"Este que veis aquí, de rostro aguileño, de cabello castaño, frente lisa y desembarazada, de alegres ojos y de nariz corva, aunque bien proporcionada; las barbas de plata, que no ha veinte años que fueron de oro, los bigotes grandes, la boca pequeña, los dientes ni menudos ni crecidos, porque no tiene sino seis, y ésos mal acondicionados y peor puestos, porque no tienen correspondencia los unos con los otros; el cuerpo entre dos extremos, ni grande, ni pequeño, la color viva, antes blanca que morena, algo cargado de espaldas, y no muy ligero de pies. Este digo, que es el rostro del autor de La Galatea y de Don Quijote de la Mancha, y del que hizo el Viaje del Parnaso,... Llámase comúnmente Miguel de Cervantes Saavedra." (prólogo das Novelas ejemplares


Este que acabades de ver aquí é outro Cervantes: o noso Cervantes pintado pola nosa alumna de 4º ESO Laura Rodríguez Domínguez

domingo, 20 de marzo de 2016

Tempo de primavera, tempo de poesía, tempo de Manuel María

Cos poemas de Manuel María lemos a poesía da primavera e asistimos a primavera da poesía.

Non importa o lugar, importan as lecturas

Cun libro en calquera lugar


Un libro, a mellor vacina contra a vertixe!

sábado, 19 de marzo de 2016

Seguindo as pegadas de Bécquer

Xoves, 17 de marzo. No programa da XIII viaxe clásico-literaria toca Xornada becqueriana. 
Son as nove dunha esplendorosa mañá de adiantada primavera. Primeiro toca encamiñarnos cara Trasmoz, terra de meigas e lendas:


E o camiño faise lendo:
De regreso agárdanos Veruela




E pola tarde Tarazona




Volverán las oscuras golondrinas 
en tu balcón sus nidos a colgar,
 y otra vez con el ala a sus cristales
 jugando llamarán.

Volveremos tamén talvez noutra ocasión nós
tralas pegadas de Bécquer e a súa poesía
mais como desta vez...; desengánate,
¡así... nunca volveremos!

lunes, 7 de marzo de 2016

Manuel María, poeta de versos femininos

Celebremos o Día Internacional da Muller da man de dous grandes da nosa cultura: Manuel María e Luís Seoane.

miércoles, 24 de febrero de 2016

Andando con Rosalía polas aulas

Para mostra un botón. Unha representación do noso exército de lectores e lectoras andantes recitando textos rosalianos nas aulas.

sábado, 20 de febrero de 2016

Manuel María adaíl da lingua

O compromiso coa lingua na poesía de Manuel María, unha nova aportación para celebrar o Día da Lingua Materna:

sábado, 13 de febrero de 2016

Cando o amor se volve poesía

Seguimos co noso poeta de cabeceira para este ano. Nesta ocasión escudriñamos a poesía amorosa de Manuel María; este foi o resultado:

lunes, 25 de enero de 2016

Non é unha bomba, ai!, esta poesía

Manuel María, poeta pola PAZ.
Grazas por axudarnos na construción desta escolma de poesía pacífica para celebrar a xornada escolar da PAZ!
A PAZ ben vale un POEMA.