miércoles, 23 de diciembre de 2015

Bo Nadal e Aninovo!


Están luceiros brillando!
As estrelas alumean!
O río baixa cantando
e os lobos xa non ouvean!
                                 Manuel María


Nestas datas
e para todo o vindeiro ano
que gocedes das mellores lecturas
das vosas vidas

lunes, 21 de diciembre de 2015

Despedindo o Ano na Escola Infantil

Se o día 16 visitamos unha residencia da terceira idade, o último día de clase deste trimestre despedimos o ano cos nosos veciños da Escola Infantil. Se o mércores compartimos lecturas e músicas de Nadal coa terceira idade, o venres foi o turno para a primeira idade. Aquí podedes velo:





viernes, 18 de diciembre de 2015

Manuel María, no asilo

Como facemos de xeito habitual, chegadas estas datas, quixemos compartir cos nosos anciáns un pouco da nosa ledicia e das nosas lecturas. Nesta ocasión acompañounos Manuel María: poemas de Advento, panxoliñas, o madrigal A cidade de Tui, poesías sobre o Miño ou a matanza do porco... serviron para compartir uns cariñosos momentos cos nosos maiores cos que acabamos dando uns pasos de baile baixo os acordes dos nosos músicos porque música, poesía, danza e nadal danse a man.

martes, 1 de diciembre de 2015

Un Xardín Desordenado moi poético

Unha vez máis o grupo Xardín Desordenado presenta en Tui as súas adaptacións musicais de poetas galegas, nesta ocasión será na libraría Espazo Lector Nobel, o próximo venres. Unha moi boa oportunidade para saber como soa, en vivo e directo, a poesía ou -se o preferides- como poetizan os músicos. E para abrir boca, unha mostra: