miércoles, 23 de diciembre de 2015

Bo Nadal e Aninovo!


Están luceiros brillando!
As estrelas alumean!
O río baixa cantando
e os lobos xa non ouvean!
                                 Manuel María


Nestas datas
e para todo o vindeiro ano
que gocedes das mellores lecturas
das vosas vidas

lunes, 21 de diciembre de 2015

Despedindo o Ano na Escola Infantil

Se o día 16 visitamos unha residencia da terceira idade, o último día de clase deste trimestre despedimos o ano cos nosos veciños da Escola Infantil. Se o mércores compartimos lecturas e músicas de Nadal coa terceira idade, o venres foi o turno para a primeira idade. Aquí podedes velo:





viernes, 18 de diciembre de 2015

Manuel María, no asilo

Como facemos de xeito habitual, chegadas estas datas, quixemos compartir cos nosos anciáns un pouco da nosa ledicia e das nosas lecturas. Nesta ocasión acompañounos Manuel María: poemas de Advento, panxoliñas, o madrigal A cidade de Tui, poesías sobre o Miño ou a matanza do porco... serviron para compartir uns cariñosos momentos cos nosos maiores cos que acabamos dando uns pasos de baile baixo os acordes dos nosos músicos porque música, poesía, danza e nadal danse a man.

martes, 1 de diciembre de 2015

Un Xardín Desordenado moi poético

Unha vez máis o grupo Xardín Desordenado presenta en Tui as súas adaptacións musicais de poetas galegas, nesta ocasión será na libraría Espazo Lector Nobel, o próximo venres. Unha moi boa oportunidade para saber como soa, en vivo e directo, a poesía ou -se o preferides- como poetizan os músicos. E para abrir boca, unha mostra:

miércoles, 18 de noviembre de 2015

Onde o mundo se chama Outeiro

Chegou o día de coñecer a patria de Manuel María e a súa tribo: foi un 13 de novembro. Comezamos visitando a casa natal, actual sede da fundación do seu nome, e alí tamén comezaron as nosas lecturas do día.


Logo visitamos o cemiterio onde repousa, sobre a súa tumba deixamos un par de rosas e ao seu carón recitamos algúns dos seus poemas.


E rematamos acercándonos a carballeira de Santa Isabel, seguindo un camiño á beira do río, nunha mañá outoniza máis agradábel.

lunes, 16 de noviembre de 2015

Lugo con L de Lecturas

O noso paseo lector pola bimilenaria Lucus Augusti.






viernes, 6 de noviembre de 2015

O bus que me leva pola beira do Miño...

Que mellor estación que esta do outono para comezar o ano Manuel María? O Miño guiará a nosa viaxe; faremos o camiño ao revés: das terras baixomiñotas remontaremos cara Ourense para rematar en Lugo, a nosa primeira parada e fonda. Logo, cos folgos do novo día, acercarémonos a Outeiro, a patria e tribo de Manuel María. E para ir abrindo boca,velaquí os textos que imos ler no paseo literario lugués e no roteiro outeirán:

viernes, 19 de junio de 2015

A vista e o ouvido ao servizo da lectura

Vídeos de presentación dalgunhas das lecturas propostas no Biblioxornal 40.

jueves, 26 de marzo de 2015

Moitas historias, moitas lecturas

Aproveitamos a celebración do Día do Libro e da Literatura Infantil e Xuvenil para, como non podía ser doutro xeito, LER. En primeiro lugar a mensaxe desta edición que atoparedes premendo aquí.
Para facilitar outras lecturas, achegamos algúns enlaces e suxestións:


Hans Christian Andersen

Xosé Mª Álvarez Blázquez

Xoán Babarro
Fina Casalderrey

Francisco Castro



Xavier Frías Conde


Lourdes Maceiras

Pura Vázquez

 

Felices lecturas!


martes, 24 de marzo de 2015

Día Mundial do Teatro

Acaba de comezar a primavera e festexamos a Xornada Mundial do Teatro. Calquera estación é boa para facer, ler, representar ou ver teatro.
No blog da nosa biblioteca varias entradas baixo o título Teatro para a Primavera ofertan textos e vídeos de media ducia de obras pertencentes a catro autores distintos:


Eles son:






Velaquí algunhas portadas e carteis das obras teatrais propostas:


 Prohibido suicidarse en primavera

 Los árboles mueren de pie

Eloísa está debajo de un almendro


Una noche de primavera sin sueño


Doña Rosita la soltera o el lenguaje de las flores


LOS-VERDES-CAMPOS-DEL-EDEN

  Se premes nas portadas, podes acceder ao texto das obras

Feliz día do Teatro!

domingo, 22 de febrero de 2015

Vis à vis con Rosalía

O martes 24 celebramos a 178 aniversario do nacemento de Rosalía neste ano no que tamén se cumprirán, o vindeiro xullo, os 130 do seu pasamento.
Velaquí unha breve escolma de poetas galegos que a lembran.
Eles son Rosalía cando se inspiran nela, cando a cantan, cando seguen as súas pegadas.
Nós tamén somos Rosalía cando a festexamos, cando a lemos, cando nos comprometemos coa terra e como lingua coma ela.


jueves, 29 de enero de 2015

miércoles, 28 de enero de 2015

O sangue dos mensaxeiros

O compromiso coa liberdade de expresión e coa veracidade informativa ten demasiadas veces un alto prezo. Son moitos os mensaxeiros que xogan e perden as súas vidas para que a nosa sociedade poida coñecer un pouco mellor o que en realidade pasa no mundo. Sirva de homenaxe a todos eles esta humilde presentación. Eles, co seu sangue, son semente de humanidade e liberdade