jueves, 18 de abril de 2013

Libro de cine, cine de libro

Os fantásticos libros voadores do señor Morris Lessmore recolle, con ilustracións, a historia dun home amante dos contos, das palabras e dos libros. Una historia que demostra como os libros cobran vida ao ser lidos e como alegran as distintas etapas da vida dun lector. Un álbum ilustrado para todos os públicos, cheo de simbolismos, metáforas e suxestións.

Primeiro foi a curtametraxe gañadora dunha ducia de premios (entre eles o do público no Festival de Cine de Austin, mellor curta de animación no Festival de Cine de Cinequest e mellor curtametraxe de animación nos premios Óscar da 84th Academy Awards). Dirixida por William Joyce e Brandon Oldenburg, narra en pouco máis de catorce minutos a historia dun escritor que, tras perdelo todo nun vendaval que arrasou unha cidade enteira, acaba encargándose dunha máxica biblioteca de libros voadores e de como os libros marcaron a súa vida e lle ofreceron o seu poder terapéutico. Inspirado no furacán Katrina, en Buster Keaton, en o Mago de Oz... e, sobre todo, na paixón polos libros... estamos diante dun filme que, sen palabras (é cine mudo) di todo sobre o mundo da lectura e da escritura. 

Unha aplicación para Ipad permite tamén acompañar ao noso protagonista, Morris Lessmore, na súa aventura.

Elixamos o formato que máis nos guste (impreso, fílmico ou en aplicación de Ipad) para tributar un merecido homenaxe ao libro no día da súa celebración