miércoles, 19 de octubre de 2011

Vodas de ouro dunhas Memorias

Comezaba 1961 cando na quinta provincia galega dábase ao prelo unha novela da que, cincuenta anos despois, están vendidos máis de 600.000 exemplares. Memorias dun neno labrego é xa todo un clásico da nosa literatura traducido a múltiples linguas. Balbino forma parte indiscutible do acervo de personaxes patrimonio literario da humanidade e as súas vivencias son lidas con avidez por lectores dos cinco continentes.
Moitos, nalgún momento das nosas vidas, identificámonos coa andaina vital de Balbino, de xeito maxistral narrada por Xosé Neira Vilas.
O luns, 24 de outubro, Neira Vilas honrará coa súa presenza e coas súas palabras a celebración do Día Internacional das Bibliotecas Escolares en Tui. Será unha oportunidade histórica para escoitar e coñecer en persoa a un patriarca das letras galegas vivo, alguén, que -parafraseando a lápida de Cunqueiro, outro autor que conmemoramos neste ano- coa súa obra, fai que Galicia dure mil primaveras máis.
Se queres ter unha primeira aproximación á vida e obra deste autor podes consultar a seguinte liña do tempo:

No hay comentarios:

Publicar un comentario