martes, 25 de enero de 2011

Crónica dunha lectura anunciada

Crónica de una muerte anunciada
de Gabriel García Márquez

Este é un libro de estraña estrutura porque a historia empeza polo final. O protagonista é Santiago Nasar que é asasinado polos irmáns Vicario. A historia conta todo o sucedido desde a visita do bispo ate a morte do protagonista. Para min o máis sorprendente foi a horrible morte, que podía terse evitado, e a autopsia, na que o corpo quedou todo destruído.
É curioso que cando acabas de ler a novela aínda que ao principio conta que Santiago morre, sentes que pode salvarse.
(Sara Freiría Durán, 2º ESO C)

Historia un tanto enrevesada, nalgunhas partes é fácil perderse. É un libro moi interesante, a súa estrutura e diferente á doutros libros. A historia comeza narrando que van matar a Santiago Nasar e retrocede no tempo para saber o motivo polo que o fan.
(María Rodríguez Domínguez, 2º ESO C)