jueves, 8 de julio de 2010

Máis suxestións

Ann Brashares presenta en Tres sauces a historia de tres amigas que, con vidas diferentes, manteñen a súa amizade, unha historia na que non faltan aventuras e diversión (Olaia Gallego Díaz, 1º ESO E).

Un pouco de aventura, intriga e graza podes atopar en Tonecho de Rebordechao de Breogán Riveiro: un neno da cidade que pasa a vivir nunha aldea averigua a historia dunha casa desa aldea (Roberto López Álvarez, 1º ESO E).

Se o teu son os temas forenses, de misterio e crimes a miña recomendación é A.D.N. de Roobin Cook: unha nova forense de Nova York investigando uns estraños casos descobre que unha empresa aseguradora mataba aos seus clientes (Sara Pesqueira Rincón, 1º ESO E).

No hay comentarios:

Publicar un comentario