miércoles, 22 de diciembre de 2010

Los girasoles ciegos

A derrota é a protagonista das catro historias que compoñen este libro, historias dun tempo de silencio, dunha longa noite de pedra que imos ler e comentar antes de ver a súa adaptación cinematográfica.

lunes, 29 de noviembre de 2010

"Pedra do Acordo" contra a violencia de xénero

O pasado 25 de novembro sacamos tarxetas vermellas á lacra social dos maltratadores e lemos , en público, os seguintes poemas:

























Libre te quiero
como arroyo que brinca
de peña en peña,
pero no mía.

Grande te quiero
como monte preñado
de primavera,
pero no mía.

Buena te quiero
como pan que no sabe
su masa buena,
pero no mía.

Alta te quiero
como chopo que al cielo
se despereza,
se despereza,
pero no mía.

Blanca te quiero
como flor de azahares
sobre la tierra,
pero no mía.

Pero no mía
ni de Dios ni de nadie
ni tuya siquiera.

Agustín García Calvo (música e voz de Amancio Prada)


Consellos que lle din a Alicia despois do derradeiro golpe

Lembra o corazón
Gravado na cortiza daquela árbore
Polo que escapaba o seu zume e a súa forza.
Non esquezas o can encadeado
Que lambe as feridas
Da man que o aldraxa.
Lembra que a escuridade infunde pánico,
Aínda que máis terror provoca a luz
Que ilumina un puño enfurecido
Non te esquezas de tirar ao lixo,
Ao marchar da casa,
O amor inservíbel.
Lembra que eu son un home,
maís dos que acubillan no peito
O útero materno latexando,
Latexando, latexando.

Raúl Gómez Pato,"Polifonías II", Edit: Espiral Maior, 2007


Non é amor

Pobre Ofelia
cristalizada estás no sangue da loucura
e gardas baixo as unllas a carne do covarde,
como un berro atroz que nos convoca.
Os teus ósos,
espadas de cristal
contra a fame caníval
de posuírnos,
de beber a nosa alma,
zugarnos a vontade,
dobregarnos ao río do delirio.

Ofelia,
pequena Ofelia
non se sacia a sede do covarde.


Marta Dacosta

domingo, 24 de octubre de 2010

Primeiras lecturas










No outono caen as follas das árbores, outras follas caen nas nosas mans, son as follas dos libros que comezamos a ler no noso club.
Anímate!, no instituto mais tamén na casa podes participar delas.
Estas son algunhas das lecturas propostas:
Boas lecturas!

jueves, 8 de julio de 2010

Ano do Libro, Vacacións de Libro


Entrado xa xullo ben merecemos irnos de vacacións mais os libros e as lecturas non teñen vacacións, é nesta época cando mellor podemos entregarnos aos praceres da lectura en liberdade e sen ataduras.
As actividades do club de lectura "Pedra do Acordo" remataron por este curso pero acordamos seguir lendo e son moitas as propostas que temos para tod@s: unhas foron recollidas no Biblioxornal que se vos entregou coas notas finais e outras aparecen neste blog, recensionadas polos que xa as fixeron (grandes e pequen@s lector@s, membros reais ou virtuais do club) e que ofrecen as súas recomendacións: con elas ou con outras, cultivando a lectura ou pasando dela, Boas Vacacións! Vémonos no vindeiro curso!

Gemma Lienas e Carlos Ruiz Zafón

O Diario Vermello de Carlota de G. Lienas trata dunha adolescente que elabora un diario no que fala das necesidades que pode ter unha persoa de 16 anos. Lectura moi interesante (Laura Posada Carrera, 1º ESO E).

Carlos Ruiz Zafón en Marina fala da amizade. Un mozo coñece a unha moza e descobre que non se pode loitar contra a morte. Unha historia emocionante e realista (Aracely Filgueiras Rodríguez, 1º ESO E).

Máis suxestións

Ann Brashares presenta en Tres sauces a historia de tres amigas que, con vidas diferentes, manteñen a súa amizade, unha historia na que non faltan aventuras e diversión (Olaia Gallego Díaz, 1º ESO E).

Un pouco de aventura, intriga e graza podes atopar en Tonecho de Rebordechao de Breogán Riveiro: un neno da cidade que pasa a vivir nunha aldea averigua a historia dunha casa desa aldea (Roberto López Álvarez, 1º ESO E).

Se o teu son os temas forenses, de misterio e crimes a miña recomendación é A.D.N. de Roobin Cook: unha nova forense de Nova York investigando uns estraños casos descobre que unha empresa aseguradora mataba aos seus clientes (Sara Pesqueira Rincón, 1º ESO E).

Suxestións varias

Se buscas aventuras emocionantes e divertidas e lectura entretida dende o primeiro capítulo o teu título pode ser Fairy Oak. Flox de los colores de Elisabetta Gnone. No pobo de Fairy Oak imponse a Danza das Locuras da Estación, basta mirar aos ollos dos bailaríns para comprender que... (Uxía Pérez Bugarín, 1º ESO E)
Intriga, entretemento e medo atoparás en La última bruja de Trasmoz de César Fernández García. No libro fálase dun mozo ao que lle gusta o escritor Gustavo Adolfo Bécquer e que quere escribir unha novela -como Bécquer- ambientada nun mosteiro (Carla Mercedes González Núñez, 1º ESO E)
Para aventuras as de El pequeño Nicolás de René Goscinny: un fedello que fai trasnadas no colexio acompañado polos seus amigos (Jacobo Viétiez González, 1º ESO E)

miércoles, 7 de julio de 2010

Caperucita en USA

Caperucita en Manhattan de Carmen Martín Gaite é un libro interesante onde se fala de Sara, unha nena que un día ía á casa da súa avoa e polas rúas de Manhattan atopou a miss Lunatic. Esta era unha muller que vivía dentro da estatua da Liberdade e doulle a Sara unha moeda para poder entrar na estatua a través dun sumidoiro. (Alejandra de Saracho Gómez, 1º ESO D)

Nazis e xudeus

Os temas relacionados co nazismo e a persecución dos xudeus interésame, por iso recomendo a lectura de Conta as estrelas de Lois Lowry: unha familia axuda a uns xudeus a escapar dos nazis (José Rodríguez Vaz, 1º ESO D).
Outra novela que trata este tipo de temas é O neno do pixama a raias de John Boyne: un neno, fillo dun xefe nazi, faise amigo dun neno xudeu e ao final... (Tania Fernández González)

3 en 1


Vou falar de tres libros que recomendo:
Campos de fresas de Sierra i Fabra e Paraíso artificial de Mª T. Maia: falan de rapazas que se meten nas drogas e morren...
Infierno en el Paraíso de Richard H. Weber: uns rapaces van de vacacións e comezan a matar xente...
... E se queres saber máis, le (Daniel Martínez Alonso, 1º ESO D)

Si, unha parella de tres!


John Grogan en Marley & me (una pareja de tres) fala dun matrimonio moi cariñoso co seu can que acaba morrendo. Gustoume porque dábame moita risa cada vez que o can facía unha trasnada. (Lorena Fletcher, 1º ESO D).
Tamén podemos gozar coa película inspirada no libro.

John Le Carré

El jardinero fiel é un libro voluminoso pero ben escrito e fácil de entender, por iso me gustou. Trata dun home que investiga a desaparición do marido dunha amiga (Raquel Muñiz González, 1º ESO D). E se para ti lectura e aburrimento son sinónimos, podes probar vendo a película.

Real como a vida

María Menéndez-Ponte na súa novela Nunca seré tu héroe presenta situacións moi similares ás que pasan na vida real, por iso me gustou.


Un neno está farto dos seus profesores e da súa familia, coa axuda dun amigo fai un conxuro para solucionar esa situación (María Rodríguez Benavides, 1º ESO D)

Un código entretido

Gustoume El código da Vinci de Dan Brown.
Langdon é chamado ao museo do Louvre para investigar o asasinato de Saunière. Aparece logo Shophie Neveu e dille que vaia con ela porque el é o principal sospeitoso da morte do seu avó, vanse os dous xuntos e intentan despistar a Fache... (María Alexandra López Domínguez, 1º ESO D)
E se o teu forte non é a lectura tamén podes ver a película!

Bibiana e a súa circunstancia

Bibiana y su mundo de José Luis Olaizola conta a historia dunha nena orfa de nai e pai bébedo que é obrigada a vivir nun internado para menores, o pai fai canto pode para sacala de alí e poder estar con ela e... lógrao! (María Valcárcel Dagá, 1º ESO D)

Un esqueleto detective

Detective Esqueleto de Derek Landy foi o libro que máis me gustou. O corpo do detective é o seu esqueleto e ten que resolver un caso: quen foi o asasino da súa familia?. Coa axuda de Valquiria, unha amiga súa, resolverá o caso e descubrirá ao asasino (Omar Lomba Vilches, 1º ESO D)

Lector@s de Laura Gallego

Encantoume Alas Negras. Trata dun anxo gardián que foi traizoada por Marla e vai en busca de algo que deixou na prisión máxica. É un libro de aventuras moi entretido (Ángela Solleiro Vidal, 1º ESO E). O anxo traizoado abre as portas do inferno e xorden as guerras entre anxos e demos; e todo foi debido a que o anxo Ahriel quería atopar a unha persoa... Historia emocionante e interesante (María Rodríguez Domínguez, 1º ESO E)

Eu recomendaría a lectura de La Leyenda del Rey Errante. A acción desta novela sitúase en Arabia, no deserto. Conta a historia dun príncipe ao que lle encanta a poesía. Un día pídelle ao pai que o deixe ir a un certame poético (ao que se presentaban poetas de todo o mundo), antes ten que demostrar que é o mellor poeta do reino e faise un certame de poesía no seu reino, atopa un forte competidor que quere acabar con el... Novela divertida e interesante como as demáis de Laura Gallego (Amina Baatti, 1º ESO B)

Eu inclínome por Fenris, el elfo, narra moitas aventuras. Trata dun elfo, a súa nai foi mordida por un lobishome, el tamén é un lobiselfo que está namorado dunha meiga (Rodrigo G. Monteiro Levita, 1º ESO E)

lunes, 5 de julio de 2010

O misterio das badaladas

Este libro de Xabier P. Docampo trata duns rapaces que teñen que descubrir quen toca a décimo terceira badalada, gustoume porque cada vez atopan unha mensaxe nun sitio diferente (Leila El Hariri, 1º ESO D), ten moito misterio e intriga (Noelia Fontán Álvarez, 1º ESO D). A obra ten gancho, é de fácil lectura, unha vez que comezas queres rematala para coñecer o desenlace.

Lendo a Stephenie Meyer

Encantoume Crepúsculo, trata dunha rapaza e dun vampiro que namoran e foxen doutros vampiros que queren matar á moza. É un libro moi entretido (Alba Pazo Estévez, 1º ESO D). A rapaza vive co seu pai, namora do mozo sen saber que é un vampiro. Outra obra que me gustou foi Orgullo y Prejuicio de Jane Austen, tamén trata ducha moza que namora dun rico mais o seu tío non quere que casen. As dúas novelas son románticas pero a primeira ten moita acción (Rafaela Luiza Fernández da Silva, 1ºESO D).

Á saga de Crepúsculo pertence Luna Nueva: un vampiro deixa a súa noiva humana porque teme facerlle dano, outra novela moi romántica (Ana Romero Rendón, 1º ESO D).

Os Megatoxos

Os protagonistas son catro nenos que teñen superpoderes; son libros de fácil lectura e ilustrados (Fabián Martínez González, 1º ESO D), enténdense ben (Diego Pons Ramos, 1º ESO D), o seu autor Anxo Fariña veu un día ao instituto e explicounos moitas cousas sobre a creación das súas obras e as técnicas de ilustración, a súa charla resultou moi interesante e divertida.

Pobre Manolito


De todo o que lin este ano o libro que máis me gustou foi Pobre Manolito de Elvira Lindo. Trata dun neno que saca moi malas notas e que se porta fatal. O libro gustoume porque é moi divertido.
(Santiago Rodríguez Martínez, 1º ESO E)

viernes, 12 de marzo de 2010

A sombra de Delibes é alongada


PREGADE Á MUSA DA LITERATURA
POLA ALMA DE


D. Miguel Delibes Setién
( Valladolid, ☼17/10/1920 - †12/03/2010)

- R. I. P. -

Os seus fillos: Pedro el Huérfano, don Mateo Lesmes, Daniel el Mochuelo, Camila la Lepórida, Roque el Moñigo, La Guindilla Mayor, Sisí, El Ratero, Malvino, la señora Clo, doña Resu, Nini, Mario, Carmen, Quico, Vítora, Domi, Juan, Cayo, Azarías, La Niña Chica, Paco el Bajo, La Régula, El Quirce, el señorito Iván, doña Purita, Ana, Nicolás, Cipriano Salcedo, Minervina, Teodomira, Ana Enríquez, Catalina de Bustamante e demais familia novelesca participan tan sensible perda e pregan, en lembranza do finado, a lectura dalgunha das súas obras: La sombra del ciprés es alargada, El Camino, Mi idolatrado hijo Sisí, Las ratas, Cinco horas con Mario, El príncipe destronado, El disputado voto del señor Cayo, Los santos inocentes, Señora de rojo sobre fondo gris, El hereje... lecturas polas que lles anticipan as máis expresivas grazas.

Tui, 12 de marzo de 2010
Funeraria “Pedra do Acordo”